Carne

Baixada dos becerros de Frisona e suba dos de cruce industrial en Silleda

O porco cebado segue á baixa e xa está por debaixo de 1 euro o kilo. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 24 de novembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/11/2015 12:12 a.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada nos prezos dos becerros de recría de raza Frisona, e pola suba dos de Cruce Industrial. No vacún maior os prezos mantivéronse estables.

Deste xeito, nos tenreiros de Cruce, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 389 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 377 e a 439 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 297, 341 e 426 €, respectivamente.

Nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 74 euros, once menos que o pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, rexistrouse tamén unha baixada: unha media de 91 euros por xato, fronte aos 109 da semana pasada. Tamén cotizaron á baixa os xatos de máis de 51 días: 119 euros por animal fronte aos 144 do pasado martes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables: 1.089 euros de media en categoría primeira, 701 en segunda e 439 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.073, 707 e 430 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba nos ovos de L e M e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L subiu un 0,01% ata os 1,36 €. Idéntica suba se acordou para os de clase M, que quedaron nos 1,25 € a ducia.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os 1,85 €/kilo da pasada semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O porco cebado baixa por debaixo de 1 euro o quilo

En porcino, a mesa de prezos acordou realizar unha nova baixada, desta vez un 0,05% en selecto e en categoría normal, que quedaron en 0,920 e en 0,945 euros o kilo, respectivamente. Para o canal II acordouse unha baixada do 0,065%,. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos caeron tamén esta semana un 0,05%.

En canto aos leitóns acordouse subir os prezos un 0,5%. Deste xeito quedaron nos 26 euros os procedentes de varias explotacións e nos 31 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada