Carne

Baixada de prezos en Ternera Gallega Suprema

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/01/2020 6:28 p.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne cada semana en Amio, acordou hoxe unha baixada de 3 céntimos en tódalas categorías e calidades de Suprema. En canto á categoría de Ternera Gallega, repite os mesmos valores da pasada semana. Por outra banda, na Mesa de Prezos de gando de abasto, os vogais deciden por unanimidade repetir as cotizacións en vacún maior, recría e becerros para sacrificio. Non obstante, coinciden en apreciar lentitude no mercado e a conseguinte tendencia xeral á baixa no vacún mediano.

O mercado de Amio, que se celebra en paralelo ás mesas de prezos, rexistrou hoxe a entrada de 1.867 reses, 162 menos que a pasada semana. Houbo 1.493 cabezas de vacún menor (127 menos), 191 de vacún mediano (2 máis) e 182 de vacún grande (31 menos).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (29-I-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada