Carne

Baixada de prezos en Ternera Gallega e estabilidade no resto do gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/02/2019 5:01 p.m.

Os valores de referencia do gando marcados nas mesas de prezos de Amio manteñen esta semana a estabilidade salvo no caso de Ternera Gallega. A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida acordou un descenso de 3 céntimos en Suprema e de 2 céntimos en Ternera Gallega por unha diminución estacional da demanda, habitual nas épocas previas ó Entroido.

En canto ás cotizacións acordadas na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, os vogais decidiron por unanimidade manter os valores da sesión anterior, tanto en gando de recría como no mediano e no vacún maior. A Mesa advirte certa mellora na madurez e na calidade da recría de raza Frisona, unha tendencia que, de continuar, acabará animando a demanda e reflectíndose nos prezos deste gando, segundo valoran os vogais.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.046 reses, 80 menos que a pasada semana. Houbo 1.649 cabezas de vacún menor (40 menos que a pasada semana), 221 de vacún mediano (11 menos) e 166 de vacún grande (18 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (20-II-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada