Carne

Baixada de prezo en Amio na recría de cruce, sen cambios no resto do gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/01/2020 2:01 p.m.

As cotizacións do gando nas mesas de prezos de Amio experimentaron hoxe unha repetición dos valores da pasada semana, a excepción dos machos descostrados e lactantes de cruces, que baixan 5 euros nas calidades boa, regular e inferior. O resto do gando de recría mantense sen cambios, igual que sucede co vacún maior e co vacún mediano para sacrificar. Na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega tampouco houbo variacións.

En canto á asistencia de gando ó mercado, entraron hoxe no recinto 2.286 reses, 322 menos que a pasada semana. Esta diferenza indica que a concorrencia comeza a estabilizarse, tralas alteracións sufridas no Nadal e na feira inmediatamente posterior. Hoxe houbo 1.889 cabezas de vacún menor (384 menos), 216 de vacún mediano (35 máis) e 176 de vacún grande (30 máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (15-I-2020)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada