Carne

Baixada de 3 céntimos en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/01/2017 3:33 p.m.

A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne cada semana no mercado de Amio, acordou na súa última sesión, o mércores 18 de xaneiro, a baixada de 3 céntimos en todas as categorías e calidades de Ternera Gallega. O resto de prezos do gando, acordados na Mesa de Prezos de Abasto, permanecen sen cambios, tanto en recría como en vacún maior e en becerros carniceiros.

Os vogais da Mesa de Abasto advirten unha tendencia á baixa nos prezos de becerros e becerras, polo que de manterse esa liña son previsibles baixadas en próximas sesións. O contrario sucede no vacún maior, que ten perspectivas de incrementos.

En canto á asistencia de gando, entraron na última feira 2.308 reses. Houbo 1.754 cabezas de vacún menor, 286 de vacún mediano e 248 de vacún maior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (18-I-2017)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada