Carne

Baixada da recría e do vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/07/2023 11:17 a.m.

O Mercado de gando de Amio experimentou este mércores unha baixada dos prezos, segundo se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes. En concreto, baixaron 5 euros os prezos da recría de Rubia Galega, 10 euros a recría dos cruces industriais de cor e a Frisoa. Mentres, as canais de vacún maior de abasto, clases O e P descontaron 0,10 euros.

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións de todas as categorías e canais desta carne.

En canto á asistencia houbo 1.460 reses, o que supón 138 menos que a sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.207 cabezas de vacún menor, 140 menos que na sesión anterior. Houbo 100 de vacún mediano (9 máis) e 153 de vacún grande (7 menos que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (19-VII-2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada