Carne

Baixa afluencia ó único mercado de Amio do Nadal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/12/2019 2:20 p.m.

O mercado programado por Amio para este luns 30 rexistrou unha moi baixa afluencia de gando, con só 169 cabezas, polas máis de 2.600 da anterior feira, que fora o 18 de decembro. Durante o Nadal, ao coincidir o tradicional día do mercado, os mércores, co día 25 e co día 1, decidiuse suspender ambas feiras e celebrar unha soa este luns 30. Sen embargo, esta cita rexistrou unha escasa afluencia, con só 9 cabezas de vacún menor, 80 de vacún mediano e 80 de vacún grande.

A excepcionalidade desta feira tamén levou a que as dúas Mesas de Prezos, que cada semana marcan prezos de referencia en Amio, decidiran manter os valores da pasada semana para tódalas categorías e calidades de gando.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (30-XII-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada