Carne

Baixa afluencia á Lonxa de Silleda pola ponte festiva

Tendencia á estabilidade nas cotizacións do gando. Nas mesas de prezos, os bacoriños baixan un euro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/08/2016 10:17 a.m.

A Lonxa de Silleda viu reducida á entrada de gando á metade dunha sesión normal pola ponte festiva. Se hai dúas semanas asistían á poxa máis de 900 animais, este martes fixérono pouco máis de 400. Houbo 270 animais de recría, 98 de vacún maior e 69 becerros carniceiros. As cotizacións do gando mantiveron unha liña similar á sesión anterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ás mesas de prezos da Lonxa, só houbo variacións nos bacoriños, que baixaron un euro tanto na categoría de Única (lote dun mínimo de 500 animais dunha explotación) como na de Varias (lote de menos de 500 animais de varias explotacións). Porco cebado, coello, galiñas e ovos proseguen sen cambios.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións da Lonxa de Silleda (16-8-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada