Axudas para traídas de auga no rural

07/02/2015 1:33 p.m.

Traídas de auga: Trátase dun servizo municipal básico moi custoso e que moitos concellos non teñen capacidade económica para garantilo. Por iso, a Deputación abre por segundo ano unha liña específica de subvencións, que serán dun máximo de 30.000 euros para instalar unha nova rede de abastecemento, e de ata 10.000 euros, no caso de proxectos de mellora das infraestruturas existentes.

Poden solicitalas comunidades de usuarios, asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro e comunidades de montes. Nos criterios de valoración terase en conta a porcentaxe de usuarios que se dediquen á actividade agropecuaria en relación ao número de habitantes do Concello co fin de garantir a proporcionalidade e que os veciños de concellos pequenos teñan as mesmas oportunidades de beneficiarse que os dos grandes.

Etiquetado
Ir a la portada