Forestal

Axudas para a segunda transformación da madeira

A Axencia Galega da Industria Forestal destina dous millóns de euros a apoiar ás empresas do moble e do ‘contract’

Campo Galego 02/03/2019 12:49 a.m.

O sector da transformación da madeira ten acceso a axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) para investimentos destinados a innovacións ou ó aumento de produtividade. Xera destina un total de dous millóns de euros a estas axudas, establecendo un tope de 200.000 euros por beneficiario, que poderá recibir o 50% dos gastos subvencionables.

Serán subvencionables os seguintes elementos:

- Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado da madeira.
- Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
- Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
- Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
- Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

O prazo de solicitude das axudas é dun mes.

Ir a la portada