Axudas

Axudas para produtores de nova participación en selos de calidade

Campo Galego 15/02/2019 11:56 p.m.

A Xunta de Galicia vén de abrir axudas para apoiar ós produtores que se sumaran a rexímenes de calidade con posterioridade ó 18 de novembro do 2015, data de aprobación do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020. Os produtores deberán de estar inscritos nalgunha das 33 denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas que hai en Galicia, podendo tamén concurrir á convocatoria os profesionais que traballen en agricultura ecolóxica en calquera sector.

O obxectivo das axudas é cubrir os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así coma a cota anual de participación no correspondente selo. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol. A contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables, cun máximo de 3.000 euros por explotación durante un periodo máximo de cinco anos. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 euros.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes.

Etiquetado
Ir a la portada