Axudas

Axudas para o transporte de xurros de explotacións porcinas

Campo Galego 15/04/2015 5:49 p.m.

Medio Rural subvencionará o transporte de xurros das explotacións de porcino que estaban entregando os seus residuos na planta de biogás impulsada por Coren en Sarreaus. A planta de tratamento de puríns, que producía enerxía eléctrica a través do biogás obtido dos xurros, tivo que pechar no 2014, igual que outras instalacións similares, tras a rebaixa das primas gubernamentais á produción eléctrica con enerxías renovables.

Ese peche deixou ás explotacións de porcino con poucas alternativas para a xestión dos residuos. Medio Rural subvencionará o transporte dos puríns para o seu uso agrícola a distancias superiores a 20 quilómetros ou para a súa entrega en instalacións de tratamento de residuos.

No caso do transporte para aplicación agrícola, o pago será de 8,8 céntimos por tonelada e quilómetro. O máximo transportable é a cantidade que a explotación tivese comprometida coa planta de biogás de Sarreaus. Poderán facerse transportes subvencionables ata o 31 de decembro. O prazo para solicitar as axudas remata o 15 de maio.

Etiquetado
Ir a la portada