Axudas para a mellora e control de calidade dos produtos agroalimentarios

13/01/2015 2:21 p.m.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Trátase dunha liña de axudas, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, para financiar actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade ou acollidos á produción ecolóxica.

A subvención asignada para cada programa poderá acadar como máximo o 50 % do importe da actividade subvencionable. A dotación orzamentaria da Xunta para estas axudas nesta convocatoria é de 200.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación solicitada, rematará o vindeiro 12 de febreiro.

Máis información nesta ligazón:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioG0165-261214-0011_gl.html

Etiquetado
Ir a la portada