Axudas

Axudas para empresas transformadoras do sector forestal

A Axencia Galega da Industria Forestal convoca apoios para investimentos que permitan a valorización da madeira, resina, cortiza e outros produtos do monte, con excepción dos agroalimentarios

Campo Galego 07/08/2018 11:08 a.m.

A Axencia Galega da Industria Forestal vén de convocar axudas para investimentos de empresas transformadoras de produtos forestais. Poderán optar ás axudas tanto microempresas como pequenas e medianas empresas que utilicen como materia prima para a elaboración dos seus produtos a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos do monte, con excepción dos agroalimentarios.

A cuantía total destinada ás subvencións é de 1,2 millóns de euros, cun máximo do 40% do gasto subvencionable. O prazo para a solicitude das axudas será dun mes.

Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:

- Compra de maquinaria nova que estea adscrita a procesos produtivos novos.

- Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación dos investimentos obxecto de subvención.

- Tecnoloxías da información expresamente ligadas aos procesos de valorización ou á produción de novos produtos.

- Outros bens que interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.

- Estudos de enxeñaría adscritos aos procesos ou técnicas anteriores.

Etiquetado
Ir a la portada