Axudas

Axudas para Agrupacións de Defensa Sanitaria (ADS)

20/04/2015 11:20 a.m.

A Consellería de Medio Rural vén de convocar as axudas para as Agrupacións de Defensa Sanitaria (ADS). As entidades interesadas teñen un mes de prazo, contado a partir de mañá, para solicitar as subvencións. Os trámites poderán facerse só por medios electrónicos.

As Agrupacións de Defensa Sanitaria (ADS) funcionan en Galicia nos distintos sectores gandeiros para mellorar o control de enfermidades e de aspectos de benestar animal. En vacún, por exemplo, faise un segumento de problemas como a diárrea vírica bovina (Bvd) ou dos casos de Ibr, entre outras cuestións. Son subvencionables os gastos derivados da actuación dos veterinarios en ADS dos ámbitos bovino, ovino e cabrún, porcino, de aves, coellos, équidos, abellas, visóns e outras especies.

A Xunta destinou unha partida de 2 millóns de euros para apoiar os programas sanitarios das Agrupacións de Defensa Sanitaria. As axudas cubrirán as accións emprendidas entre a data da solicitude e o 28 de febreiro do 2016.

Etiquetado
Ir a la portada