Axudas

Axudas para a transformación de produtos agrarios

Campo Galego 29/12/2015 9:02 a.m.

A Consellería do Medio Rural vén de convocar axudas para a comercialización e transformación de produtos agrarios con cargo ó Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020. Os proxectos subvencionables deben cumprir unha serie de requisitos, como o de sumar un investimento total superior a 30.000 euros. Serán gastos subvencionables, entre outros, os seguintes:

- Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

- Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

- Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

As porcentaxes máximas de axuda serán do 50 %. Os investimentos obxecto de axuda deberán ter unha execución mínima do 20% ao longo do 2016.

Etiquetado
Ir a la portada