Axudas

Axudas para 71 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira

A Xunta adica 2,1 millóns a financiar programas de prevención e control de enfermidades dos animais

Campo Galego 12/06/2017 1:24 p.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se anuncian os beneficiarios das axudas dirixidas a Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG). Son en total 71 entidades as que recibirán fondos públicos para cofinanciar os seus programas de prevención e control de enfermidades de animais. Estes programas deberán realizarse entre o 1 de marzo do 2017 e o 28 de febreiro do 2018.

As axudas, por un importe total de 2,1 millóns de euros, diríxense a apoiar os gastos derivados da contratación de servizos técnicos e veterinarios, así como a abonar os gastos derivados da compra de material ou de actividades de formación ós gandeiros.

Pódese consultar o listado completo de beneficiarios na resolución da Consellería do Medio Rural publicada no DOG.

Etiquetado
Ir a la portada