Desenvolvemento rural

Axudas de Europa para os gandeiros afectados pola forte seca

28/08/2019 2:32 p.m.

O mapa da seca en Europa:

Os Estados membros da Unión Europea acordaron este mércores un conxunto de medidas de apoio propostas pola Comisión para aliviar as dificultades financeiras ás que se enfrontan os agricultores e gandeiros debido ás condicións meteorolóxicas adversas, así como incrementar a dispoñibilidade de pensos para os animais.

A situación de forte seca afecta especialmente a Alemaña, Holanda, Bélxica e Polonia, todos eles cunha importante cabana de vacún de leite.

As medidas que os Estados membros acordaron hoxe nunha reunión de comisión inclúen a posibilidade de aumentar os pagos anticipados e varias excepcións puntuais ás normas de ecologización co fin de axudar aos agricultores e gandeiros a proporcionar pensos suficientes aos seus animais.

Os afectados poderán recibir unha porcentaxe maior dos seus pagos da Política Agrícola Común (PAC) para mellorar o seu fluxo de caixa. Isto inclúe o seguinte:

·O cobro de até o 70 % dos seus pagos directos a mediados de outubro.
·O cobro do 85 % dos seus pagos de desenvolvemento rural tan axiña como o paquete de medidas se adopte oficialmente a principios de setembro.

Tamén se autorizarán excepcións a determinadas normas de ecoloxización para aumentar a dispoñibilidade de pensos. Isto inclúe as posibilidades de:

· Considerar a terra en barbeito como un cultivo distinto ou como unha superficie de interese ecolóxico, aínda que servise para o pastoreo ou fose cultivada.
·Sementar «cultivos intercalados» como «cultivos puros» (e non unha mestura de cultivos, como se esixe na actualidade) se se destinan ao pastoreo ou a produción de forraxes.
·Acurtar o período mínimo de oito semanas para os cultivos intercalados, a fin de que os produtores de cultivos herbáceos poidan sementar os cultivos de inverno en tempo oportuno despois dos cultivos intercalados.

Próximas etapas

Tras a votación de hoxe, este conxunto de medidas debería quedar adoptado oficialmente a principios de setembro.

Etiquetado
Ir a la portada