Leite

Axudas da Deputación da Coruña para o xenotipado das mellores vacas da provincia

Arredor de 80 ganderías beneficiaranse dos apoios concedidos polo organismo provincial a través de Africor Coruña

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/02/2019 11:26 a.m.

A Deputación da Coruña subvencionará a realización de probas xenómicas ós mellores animais por ICO da provincia. A axuda, que lle foi concedida a Africor Coruña, non cubre o total dos custos pero si rebaixa considerablemente o gasto que deben enfrentar as granxas. Africor Coruña, a entidade que agrupa ás ganderías en control leiteiro, calcula que se beneficiarán dos apoios arredor de 80 explotacións lácteas.

O xenotipado dos animais ou proba xenómica permite aumentar a fiabilidade dos datos do animal con respecto ós índices de pedigree, permitindo unha toma de decisión nun período de tempo menor e con moita mais seguridade. Inclúe ademais a filiación dos animais cos seus proxenitores xenotipados, determinación de xenes recesivos que puideran dar lugar a malformacións, determinación das proteínas lácteas (beta caseína A1 e A2, kappa caseína...) que determinan o tipo de leite producida polo animal, que pode ser máis axeitado para a produción de queixos (leites BB) ou ser máis dixerible, no caso do leite A2.

Estas probas afectarán a unhas 80 explotacións no control leiteiro da provincia, posuidores dos mellores animais por ICO e realizaranse durante os meses de febreiro e marzo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada