Axudas compensatorias para productores de vexetais afectados por corentena fitosanitaria

25/05/2015 4:55 p.m.

ORDE do 13 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de compensación en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015.

O obxecto desta sección é o establecemento das bases reguladoras das axudas de compensación para as pequenas e medianas empresas afectadas polas medidas fitosanitarias derivadas da loita contra pragas de corentena.

Persoas beneficiarias e requisitos

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas todos os produtores de vexetais cuxas producións fosen afectadas polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria, sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria.

Ir a la portada