Desenvolvemento rural

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria sustituirá este mes ao Ingacal

Campo Galego 15/11/2017 2:06 p.m.

A Consellería do Medio Rural avanzou que este mes se pechará a creación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), que sustituirá ó actual Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal)

Coa creación do Agacal, Medio Rural sinala que pretende potenciar a estrutura de coordinación dos centros de investigación agraria de Galicia, así como as actividades relativas ó control e promoción da trintena de selos de calidade diferenciada (denominacións de orixe, indicacións xeográficas) que hai na comunidade.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, avanzou tamén onte que no mes de decembro se resolverán as solicitudes de axuda de incorporación á actividade agraria.

Etiquetado
Ir a la portada