Viña

Avisan da necesidade de renovar os tratamentos contra o mildeu e alternar materias activas

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda tratamentos con xofre contra o oídio en viña, evitando as horas de máxima calor.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/05/2015 7:02 p.m.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro emitiu o seguinte aviso fitosanitario ante o aumento da afección por mildeu e oídio en viñedo:

Dende a emisión do aviso anterior rexistráronse condicións favorables á infección secundaria de mildeu practicamente todos os días, en especial as noites do 13 e 14, na maior parte das estacións.

A situación observada incide unha vez máis en que é fundamental comprobar a eficacia dos tratamentos aplicados, renovándoos se continúa o avance da enfermidade aínda que non finalizase o período de protección teórico, en especial ante condicións ambientais tan favorables como as habidas estes días.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En caso de ter que renovar os tratamentos procuren alternar materias activas con diferente modo de acción (consulte os técnicos). Actuando deste modo dispoñen de máis posibilidades de controlar a infección, ao que tamén debería axudar o tempo seco e soleado que se prevé para os próximos días

Non esquezan manter a maquinaria de tratamento en perfecto estado, controlando que o caudal das boquillas, a presión de traballo, etc. sexan os axeitados

Oídio: tratamento con xofre, evitando as horas de máxima calor

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_9110" align="alignleft" width="300"] Micelio de oídio en variedade tinta. Autor: Estación Fitopatolóxica do Areeiro[/caption]

Nas plantas de variedade tinta onde a semana anterior detectaramos os primeiros signos da enfermidade aplicouse un tratamento que controlou perfectamente a infección.

Pola súa banda, en albariño e outras variedades brancas aínda non detectamos síntomas. Non obstante, dado que a floración está próxima, e que este é un estado que convén protexer, aconséllase aplicar un tratamento naqueles terreos onde adoitan rexistrarse danos por este patóxeno.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En xeral, salvo o domingo día 17, non se prevén temperaturas suficientemente altas como para que o xofre cause fitotoxicidade ás plantas. Aínda así, se se elixe esta funxicida, non tratar nas horas de máxima calor

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada