Agricultura

Avanzan os traballos de construción de novas captacións de auga para o regadío da Limia

Prevese que no mes de febreiro estean rematados os 40 pozos de sondaxe previstos, cun orzamento de 16 millóns de euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2022 5:24 p.m.

A Xunta segue traballando na mellora e modernización do regadío da Limia, coa perforación dos 40 novos pozos que completarán así a rede de captacións desta bisbarra ourensá. Prevese que a finais de febreiro estean os 40 pozos aforados, é dicir, co caudal exacto determinado para cada un deles. Desta maneira, obterase o caudal exacto de cada pozo, o que resulta fundamental para deseñar a futura rede de regadíos.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, supervisou este venres as obras de tres dos pozos e avanzou que o orzamento total que se vai investir neles ascende a case 6 millóns de euros, contando as actuacións de bombeo e electrificación dos pozos.

Están a traballar na zona dúas perforadoras, que nos vindeiros días completarán as obras nos tres primeiros pozos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Dos tres pozos que hoxe supervisou o conselleiro, un deles xa está finalizado, outro está en perforación e, no terceiro, están a comezar cos traballos relativos ao ensaio dos bombeos e o seu control hidrolóxico para o correcto dimensionamento dos grupos de bombeo. 

Na actualidade traballan na zona dúas perforadoras con equipos completos e prevese rematar a perforación dos pozos nestes días. Paralelamente, estanse a realizar os traballos de acondicionamento dos terreos onde se emprazan.

Convenio entre o Goberno central e autonómico

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, o titular de Medio Rural lembrou que estas obras foron necesarias para a sinatura do convenio entre o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, SEIASA  e as catro comunidades de regantes beneficiarias (a de San Salvador de Sabucedo, no concello da Porqueira; a de Lamas Ganade e a de Alta Limia, no municipio de Xinzo de Limia; e a de Corno do Monte, que afecta aos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras) para a construción e explotación das obras do Proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 40 captacións de augas subterráneas - A Limia 2022. Dito proxecto conta cun orzamento de 16 millóns de euros, advertiu, dos cales o 80% será financiado polo Ministerio e o 20% restante polas comunidades de regantes.

O Ministerio financia o 80% do custo e as 4 comunidades de regantes o 20%

Por último, o conselleiro de Medio Rural e a directora xeral aproveitaron para visitar as instalacións da oficina de información do regadío da Limia, situada no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). A través desta oficina, infórmase a todos os interesados sobre os avances na mellora e modernización do regadío e nas prácticas para lograr un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[box style="0"]

16 millóns de euros para a limpeza das canles de rega

José González puxo en valor os 39 millóns de euros que se investirán entre a Xunta e o Goberno central na potenciación do sector agrario da Limia, unha das comarcas con maior produción agraria de Galicia, tanto en produtos agrícolas como gandeiros. 

Así mesmo, o titular de Medio Rural referiuse tamén aos outros 16 millóns de euros que o Ministerio ten acordado para a limpeza das canles da Limia, co fin de mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas e adecuar as prácticas agrogandeiras nesta bisbarra ourensá.

Melloraranse 21 quilómetros de camiños rurais pertencentes á rede viaria dos 12 concellos que conforman a comarca

A este montante, subliñou o conselleiro, súmase un millón de euros máis de fondos propios da Xunta en colaboración coa Deputación de Ourense para a reparación de camiños desta bisbarra. Neste senso, entre os anos 2021 e 2023 vaise actuar en máis de 21 quilómetros de camiños rurais pertencentes a 12 concellos que integran a rede viaria desta comarca.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada