Agricultura

Avanza o polígono agroforestal de Oimbra para cultivos de horta

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/11/2022 7:42 p.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou este sábado Oímbra para coñecer os avances no seu polígono agroforestal, así como para supervisar os labores de roza que se están levando a cabo, para preparar o terreo.

Nesta visita, o titular de Medio Rural confirmou ademais que esta iniciativa conta xa estudo de viabilidade favorable e coa declaración de utilidade pública e interese social, polo que se teñen comezado os traballos de redacción do seu Proxecto básico.

O polígono abrangue unha superficie de case 22 hectáreas distribuídas en 72 parcelas correspondentes a 73 propietarios. A súa principal orientación produtiva é cara a cultivos de horta, como os da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pemento de Oímbra, e leñosos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O conselleiro salientou que este polígono súmase a outros 14 xa iniciados ou en actuacións previas na provincia ourensá, que representan a maioría dos 21 abertos no conxunto de Galicia. Neste senso, matizou que hai diferentes iniciativas abertas, entre as que destacou o polígono da Gudiña, o de castiñeiros en Riós e os de Monterrei e Cualedro, neste último tamén se vai comezar a traballar en breve.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada