Viña

Avanza a inscrición do “Tinto Barrantes” no Rexistro de Variedades Comerciais de Vide

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/03/2023 8:50 p.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, do alcalde de Ribadumia, David José Castro, e do director da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía, Juan Casares, visitaron hoxe as instalacións da Estación, onde fixeron un percorrido pola súa aula, a adega e o viñedo.

Ademais, a visita serviu para explicar o proceso de inscrición da variedade vitícola “Folla redonda” como comercial. Dita variedade de vide é un híbrido produtor directo de primeira xeración, implantada sobre todo na comarca do Salnés a finais do século XIX-comezos do XX. Desde os anos 60 vénse promocionando nunha festa popular na localidade de Barrantes, en Ribadumia, polo que tamén é coñecida como “Tinto Barrantes”. Para poder proceder á súa autorización para a produción de viño comercial, cabe demostrar que é un híbrido no que participe unha Vitis vinífera, rexistrala no Rexistro de Variedades Comerciais de Vide de España e demostrar o seu potencial previa avaliación ou xustificar a súa antigüidade, interese e adaptación local.

Nesa liña, de cara ao rexistro, a Estación de Viticultura e Enoloxía ten previsto a localización de exemplares de “Folla Redonda” coa consecuente obtención de púas, corroboración da identidade varietal e a avaliación da ausencia de enfermidades transmisibles; a obtención das 15 plantas enxerto, a solicitude e pago de taxas do rexistro e a entrega do material á Oficina Española de Variedades de Vide.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

De cara á inclusión da variedade “Folla Redonda” no potencial vitivinícola de Galicia, neste 2023, seleccionaranse dúas parcelas en produción desta variedade -tamén de Caíño Tinto e outra variedade que poida utilizarse de variedades testemuño-; levarase a cabo unha análise serolóxica fronte a virus e a avaliación de síntomas en presenza de virose. Logo farase un seguimento do ciclo fenolóxico nas parcelas seleccionadas, con controis de maduración para determinación de data de vendima, entre outras actuacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada