Leite

Avance informativo da tractorada en Santiago

Centos de tractores están nestes momentos camiño da capital galega, o que fará que a tractorada saia con máis dunha hora de atraso. Os gandeiros de Lugo acudirán o xoves á manifestación de Santiago.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/09/2015 1:37 p.m.

Centos de tractores diríxense nestes momentos a Santiago de Compostela desde as principais comarcas gandeiras (Xallas-Santa Comba, Arzúa-Melide, Curtis e o Deza-Tabeirós). As labores de muxido atrasaron a saída dos gandeiros, o que fará que saída da tractorada dende a explanada de Salgueiriños se atrase máis dunha hora, ata pasadas as 14:00 horas.

Os primeiros gandeiros en chegar foron os da comarca de Santiago, de concellos como Negreira, Boqueixón ou O Pino sobre as 11:00 horas. Dende entón a chegada de tractores foi constante e a estas horas xa está case cheo o aparcadoiro de Salgueiriños. De momento non se rexistrou ningún incidente significativo nas entradas a Santiago.

Á concentración asistiron representantes de todas as organizacións agrarias integradas na Plataforma Galega en Defensa do Sector Lácteo Galego. Todos eles coincidiron en esixir aos ministros de agricultura da Unión Europea, reunidos hoxe en Bruxelas , que adopten unha solución á crise de prezos do leite que pase, entre outras medidas, polo aumento dos prezos de intervención para retirar os excedentes do mercado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

E de cara á reunión en Madrid deste xoves reclamaron ao Ministerio que non se pechen acordos en falso, esixindo que os acordos entre industria, distribución produtores inclúan sancións en caso de incumprimento, un papel mediador para a Administración e que se garantan uns prezos mínimos para os gandeiros que cubran os custos de produción.

Reclaman unidade dos gandeiros galegos

Por último, os representantes das organizacións agrarias reclamaron unidade aos gandeiros galegos. “Hoxe todos os gandeiros deberiamos estar en Santiago. O goberno da Xunta o que quere é dividir: unha tractorada en Santiago, outra en Lugo...e se houbera 50 ao mesmo tempo en toda Galicia a Consellería veríao mellor”, asegurou Anxo Escariz, o portavoz da Organización de Produtores de Leite (OPL).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, fontes da asemblea de gandeiros de Lugo informaron a Campo Galego de que si está previsto que o xoves se despracen ata Santiago para participar nunha manifestación conxunta co resto de gandeiros de Galicia.

Sinalar tamén que na concentración de Santiago estiveron presentes os máximos representantes de BNG, PsdeG-PSOE e AGE, entre outros.

Ao longo do día haberá ampliación da información, con testemuños dos gandeiros e información da tractorada.

Galería de imaxes do inicio da tractorada

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[Best_Wordpress_Gallery id="53" gal_title="Tractorada santiago 1"]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada