Viña

Autorizan a plantación de 37 hectáreas de novos viñedos en Galicia

A DO Rías Baixas é á que máis superficie lle permiten plantar, con algo máis de 24 hectáreas mentres que o Ministerio non autorizou ampliacións nas IXP de Val do Miño e Ribeiras do Morrazo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/09/2018 11:54 a.m.

O Ministerio de Agricultura autorizou este ano a plantación de 37,3477 hectáreas de novos viñedos en Galicia. En concreto, concedéronse 105 solicitudes para novas plantacións de viña na comunidade.

Por provincias, Pontevedra resulta a máis beneficiada con 75 solicitudes aprobadas que abranguen unha superficie de 18,1459 hectáreas. En segundo lugar sitúase Ourense, cunha ducia de peticións aceptadas e que supoñen unhas 5,1512 ha. Namentres, A Coruña contabilizou 10 solicitudes aprobadas que representan máis superficie ca Ourense cun total de 8,2027 ha. O mesmo acontece en Lugo, que a pesares de ser a provincia con menos solicitudes aprobadas (8) supoñen unha superficie de 5,8479 hectáreas tamén por diante de Ourense.

Reparto por zonas de produción vitícola

En canto ó reparto por zonas de produción vitícola, a DO Rías Baixas é na que maior cantidade de solicitudes concedidas e superficie se concentran. Nesta demarcación o Ministerio de Agricultura aprobou 80 peticións aceptadas que supoñen unhas 24,18 hectáreas. A DO Riberia Sacra é a seguinte con maior número de autorizacións, dez, e que conlevan unhas 6,13 hectáreas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No resto das demarcacións redúcese de xeito considerable tanto o número de tramitacións aceptadas como a superficie autorizada para novas plantacións de vide. Así, por exemplo, nas IXP Val do Miño (Ourense) e de Ribeiras do Morrazo non se chegou a aprobar ningunha ampliación.

[caption id="attachment_71930" align="alignright" width="660"] Tabla de solicitudes aprobadas[/caption]

[box style="0"]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Peticións da Xunta para modificar o Real Decreto

As limitacións das ampliacións dos viñedos que chegan dende a Organización Común de Mercados (OCM) co obxectivo de regular a oferta e os prezos ata 2030, implican que cada Estado membro poida aumentar a súa superficie de viñedo como máximo un 1% anual. En España, o Ministerio de Agricultura foi quen asumiu este reparto dende 2016, porén o sistema seleccionado parece non contentar a ninguén. Ante as críticas recibidas, o Ministerio aprobou en xullo do ano pasado o Real Decreto 772/2017, que lonxe de poñer remedio agravou a situación. En Galicia, é palpable este forte malestar no sector vinícola, entre outras queixas apuntan a que o sistema deixa fóra ós pequenos viticultores.

Neste contexto, a Consellería de Medio Rural trasladoulle ó Ministerio de Agricultura as modificacións que debería recoller o Real Decreto para adaptalo á realidade galega, na que predomina o minifundismo. Dende a Consellería insisten en que debe optarse por unhas condicións máis flexibles para que os viticultores galegos poidan acceder a estas autorizacións e ampliar os cultivos, dentro dos marxes establecidos pola lexislacións comunitaria e estatal.

En particular, a consellería demanda que se flexibilice a dispoñibilidade, por parte do beneficiario, da superficie agraria para a que se solicita a autorización da plantación. Tamén reclaman que se adecúen tanto as competencias profesionais como as capacidades esixidas para obter as autorizacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, tamén piden que nos criterios de prioridade para a concesión dos permisos se teñan en conta as peculiaridades de Galicia, en canto á superficie das explotacións vitivinícolas, que é moi inferior á doutras zonas do Estado nas que predomina o latifundio.

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada