Forestal

Autorizacións de cortas na área afectada polo nematodo do piñeiro

Medio Rural vén de abrir o periodo para a extracción de madeira da zona de corentena, no entorno do concello das Neves

Campo Galego 27/10/2015 3:43 p.m.

O nematodo do piñeiro, unha plaga moi extendida por Portugal e detectada en Galicia no 2010 no concello das Neves (Pontevedra), limítrofe co país veciño, está a obrigar desde aquela a un control das cortas na comunidade para evitar a expansión do problema. Os 20 quilómetros ubicados arredor do foco foron declarados zona tampón de corentena e só se permite a extracción de madeira nos periodos nos que se considera que existe baixo risco de transmisión da plaga. A Consellería do Medio Rural vén de autorizar agora as cortas na zona demarcada das Neves.

Na súa resolución, publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia (Dog), Medio Rural sinala que autorización se basea sobre informes técnicos e científicos do foco das Neves e sobre o seguemento do voo do insecto que fai de vector para a expansión do nematodo, así como sobre as condicións meteorolóxicas do outono.

As restriccións á corta de madeira iniciáronse no 2010 nas Neves, inicialmente por un periodo de cinco anos, se ben a Consellería decidiu en abril pasado prorrogar as medidas un ano máis, ata a próxima primavera.

Etiquetado
Ir a la portada