A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo para solicitar as axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace que deberán estar baseadas nun proxecto de viabilidade comercial e incluír produtos agroalimentarios de orixe e elaboración galegas. Estes apoios contan cun orzamento de 350.000 euros e o período para solicitalos remato o vindeiro 8 de agosto.
As actuacións subvencionables inclúen un proxecto de viabilidade comercial elaborado por unha empresa de consultaría especializada de acordo co contido e as características establecidas nas bases reguladoras, ao que se atribúe un investimento máximo de 1500€; e por outra banda, destínanse un máximo de 40.000 euros ao deseño e desenvolvemento do marketplace, ás campañas de marketing e publicidade, á xestión integral do marketplace e ao deseño e creación de produtos sostibles de packaging.
Entre as entidades que poden optar a ser beneficiarias destes apoios -que se concederán por concorrencia competitiva- están os concellos rurais galegos cunha poboación inferior aos 10.000 habitantes e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).