Axenda

Astur Foresta, feira especializada en Asturias

Campo Galego 16/05/2017 2:02 p.m.

A feira Astur Foresta, que se celebra en Tineo (Asturias), constitúe un dos dous certames de referencia para o sector forestal do noroeste peninsular, xunto co galego Galiforest, co que se alterna no calendario de forma bianual. A edición 2017 de Astur Foresta celebrarase entre o 15 e o 17 de xuño en Tineo.

O certame contará con 200 expositores e espérase a afluencia de ao redor de 15.000 visitantes, segundo a organización. Igual que sucede con Galiforest, Astur Foresta desenvólvese nunha área forestal, con plantacións de piñeiro, nas que se efectuarán demostracións de maquinaria forestal.

Etiquetado
Ir a la portada