Desenvolvemento rural

Asignación en Galicia de dereitos de pago básico da Reserva Nacional

Campo Galego 04/04/2022 3:01 p.m.

O Fondo Galego da Garantía Agraria publicou hoxe o listado de asignacións correspondente ós dereitos de pago básico da Reserva Nacional do ano 2021. Tamén se asignaron dereitos de pago que estaban pendentes desde a campaña 2017.

En total, recibiron dereitos da Reserva un total de 77 explotacións, con contías moi variables que oscilan entre os 28 euros da que menos recibe e os 7.776 da que máis. En total, 52 produtores recibiron cantidades da Reserva por riba dos 1.000 euros.

Pódese consultar neste documento o listado completo.

Etiquetado
Ir a la portada