Leite

Así se repartiron por Comunidades Autónomas os 167 millóns de axudas do Goberno pola guerra de Ucraína ás ganderías de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/10/2022 5:00 p.m.

O Ministerio de Agricultura ven de facer públicos os pagos por Comunidades Autónomas das axudas excepcionais para compensar ás ganderías de Leite polos efectos da guerra de Ucraína, en forma de incremento do prezo do penso e dos combustibles.

En total aboaron ao sector produtor 166,7 millóns de euros, dos que, por orde importancia, 56,8 millóns corresponderon a Galicia, 28,57 a ganderías de Castela e León 17,4 a produtores de Castela a Mancha, 14,1 millóns foron para Andalucía e 12,3 para granxas de Asturias.

Hai que matizar que dentro desta liña, o Ministerio incluíu as axudas específicas para os produtores de leite de vaca, ovella e cabra. Por sectores, as granxas de vacún de leite recibiron 118 millóns, as de ovino 29,8 e as de caprino 10,8.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada