Apicultura

Así se reparte a producción de mel no planeta

29/12/2019 11:52 a.m.

A Comisión Europea ven de publicar un informe sobre a situación do mercado mundial do mel, no que, entre outras informacións, se analiza a evolución da produción mundial deste prezado produto alimentario.

Así, e con datos dos anos 2016 e 2017, China revalida o seu liderado na produción mundial de mel, cunha media de 550.000 toneladas, arredor do 30% da produción mundial, seguida a moita distancia pola Unión Europea, con 230.000 toneladas, o 12% do total producido no planeta. O terceiro posto correspóndelle a Turquía, cunha media de 106.000 toneladas, o 6% da produción mundial.

Velaquí como se reparte por países:

Este reparto da produción tamén se corresponde en parte cos principais países exportadores. Deste xeito,China exporta o 27% do mel mundial, unhas 130.000 toneladas, seguida de preto por Sudamérica (principalmente Arxentina e Uruguai), co 24% e outros países europeos (sobre todo Ukraína e Turquía) ocupan o terceiro posto en exportacións de mel, co 17% do total.

Etiquetado
Ir a la portada