Carne

Asemblea extraordinaria de Acruga o día 21 para aclarar o futuro da súa directiva

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/06/2023 11:28 p.m.

A xunta directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, decidiu na reunión do pasado venres a convocatoria dunha asemblea extraordinaria de socios para o día 21 de xuño para dar resposta ás peticións de varios asociados. A falta de pechar o lugar de celebración, Acruga comunicará a partir do luns a hora e o sitio para a dita convocatoria.

Desde a xunta directiva que preside César Dorado aseguran "non entender a postura dalgúns socios de pedir que ao xulgado medie na convocatoria da devandita asemblea, cando era coñecida a reunión de onte venres para, precisamente, fixar a data da asemblea extraordinaria".

Así mesmo, a xunta directiva mostrou o seu rexeitamento ao envío de mensaxes, por parte de gandeiros críticos con César Dorado, aos móbiles persoais de varios membros da xunta instándolles a dimitir porque "vas meterche en líos sen falta deles....e enriba quedar marcado" e asegurándolles que " ..ides saír na tvg...e nos periódicos de todo o país non nos deixades outra opcion" ou "esta é a última vez que unha denuncia leva ou nome da asociación...as próximas con nome e apelido".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA) vive momentos convulsos desde que o Xulgado de primeira instancia de Lugo anulase o nomeamento de César Douado como presidente por irregularidades na aprobación do voto delegado, ordenando repetir as eleccións celebradas hai un ano.

Tras o pronunciamiento da Xustiza, un grupo de gandeiros críticos presentou 260 firmas, equivalente ao 20% dos socios de Acruga, solicitando a convocatoria dunha asemblea extraordinaria co obxectivo de convocar novas eleccións, algo ao que finalmente accedeu a dirección.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada