Agricultura

Asemblea este sábado da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/09/2016 6:45 p.m.

A Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (APAG) celebra este sábado xunta xeral ordinaria dos seus socios no Centro Cultural de Maside (Ourense), a partir das 10:00 horas.

Na asemblea, como orde do día, trataranse os seguintes temas:

-Informar sobre o estado do estudo e recuperación de variedades de oliveira autóctonas galegas.
-Situación da Denominación de Orixe Protexida Aceite de Galicia.
-Elaboración do dossier de boas prácticas no oliveiral, acordado entre a maioría de socios, buscando un manexo do oliveiral respectuoso co medo ambiente.
-Situación da web www.apag.gal
-Proposta de excursión para visitar oliveirais tradicionais.
-Propostas de nova directiva se as houbese.
-Captación de novos asociados.
-Rogos e preguntas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tras a asemblea farase unha pausa para o xantar e ás 16:00 horas, renovarase cun charla sobre a elaboración do aceite de oliva virxe extra e como diferenciar os diferentes tipos de aceites de oliva do mercado. Esta será impartida por José Galán. Ademais, se o tempo o permite, visitarase unha plantación de 2700 oliveiras e ano e medio, nas inmediacións de Maside.

A continuación, celebrarase entre os socios asistentes, unha mesa redonda coloquio, onde se compartirán experiencias sobre o manexo do oliveiral en Galicia, abarcando temas como marcos de plantación, variedades, coidados, pragas, enfermidades, poda, colleita e solución de erros do pasado en oliveirais de Galicia.

APAG agrupa a 51 socios cunhas 85.000 oliveiras

APAG nace no ano 2015 co obxectivo de reunir nun mesmo organismo a todos os produtores de Aceite e Oliva do territorio galego para asesorar tecnicamente aos socios sobre o Aceite de Oliva virxe extra e a oliveira, desde a plantación ata a recollida da oliva. No seu primeiro ano de andaina, conta con 51 socios das catro provincias galegas que suman un total de 85.000 oliveiras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Seguindo coas actividades e accións para a posta en valor do aceite e a oliva galega, a asociación solicitou a denominación de orixe protexida “DOP Aceite de Galicia”. Con iso pretende diferenciar os aceites de oliva virxe extra galegos fronte a outros foráneos e recoñézallos no mercado pola súa contrastada calidade, aínda que polo momento, non pola súa cantidade.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada