Desenvolvemento rural

Asemblea dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu este mediodía en Lalín á asemblea da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia e destacou a súa contribución á dinamización do agro galego e a súa labor como xestores dos fondos Leader

Campo Galego 20/09/2023 10:36 a.m.

A asamblea dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, celebrada este martes ao mediodía en Lalín, serviu como punto para destacar o seu traballo na comunidade. O conselleiro do Medio Rural, José González e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiron ao acto e fixeron fincapé na importancia da súa labor.

Deste xeito, o conselleiro salientou “o importante papel que desempeñan os 24 GDR galegos en ámbitos como a xestión dos fondos Leader así como, en xeral, a súa contribución á dinamización do agro na nosa comunidade. Nesta reunión tamén se estudaron as propostas e suxestións dos GDR á Consellería do Medio Rural para o Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac)”.

Etiquetado
Ir a la portada