Leite

Asemblea da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo este mércores en Outeiro de Rei

Os gandeiros inician unha nova etapa de mobilizacións que se centrará no control das cisternas de leite que entran de fóra para fornecer ás industrias galegas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/04/2016 9:15 p.m.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo manterá unha asemblea este mércores 6 de abril para organizar a vixilancia dos camións de leite que entren de fóra para fornecer as industrias galegas. O encontro será ás 11.30 da mañá na área de servizo da A-6 ó seu paso por Outeiro de Rei, a poucos quilómetros da cidade de Lugo.

As organizacións que integran a Plataforma lembran que durante o 2015 se importaron en Galicia máis de 160.000 toneladas de leite líquido e nata, sendo a comunidade autónoma coas maiores importacións de España.

Desde a Plataforma, consideran inadmisible que se lle estean a impoñer ás granxas galegas fortes restriccións de produción e se estea a apelar á sobreprodución para deixar a recollida de granxas ou para aplicar importantes descontos no prezo, mentres continúa a entrar leite de fóra, segundo os gandeiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As organizacións que participaron na mobilización de Compostela do pasado día 31, tanto as que forman parte da Plataforma (Gandeiros de Mazaricos, Fruga, OPL, Oruga, Sindicato Labrego e Unións Agrarias) como Agromuralla, acordaron daquela iniciar o control dos camións cisterna de leite importado. Este mércores organizarán en Outeiro de Rei a súa vixilancia, polo que piden a asistencia de todos os gandeiros interesados en participar nos controis.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada