Viña

As exportacións de viños da DO. Rías Baixas acadaron os 60,5 millóns de euros no 2023

Estados Unidos segue sendo o país que máis veu Rías Baixas importa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/02/2024 10:11 a.m.

A Denominación de Orixe Rías Baixas celebrou este martes un xantar cos medios de comunicación de Santiago aos que trasladou o bo momento que viven os viños galegos, en concreto os de Rías Baixas como Denominación de Orixe máis grande de Galicia.

Durante o encontro o presidente e o secretario da Denominación de Orixe, Isidoro Serantes e Ramón Huidobro, trasladaron aos medios de comunicación a súa aposta pola calidade na que levan traballando desde a constitución do Consello Regulador e que lle está permitindo incrementar o valor destes viños atlánticos tanto a nivel nacional como internacional.

En España

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A nivel nacional, Rías Baixas está entre as Denominacións de Orixe mellor situadas, segundo datos da Consultora NielsenIQ no seu informe de setembro de 2023. Os viños de Rías Baixas mostran o seu bo posicionamento no mercado español nas canles de alimentación e HORECA, sendo a cuarta D.O. en valor de vendas de viño con Denominación de Orixe. Posición que mellora, ascendendo ao segundo lugar en ambas as canles cando falamos de valor en viño branco con denominación.

Mercado internacional

Dentro desta estratexia de apostar polo valor e calidade dos viños de Rías Baixas, levada a cabo polo seu Consello Regulador, as exportacións en 2023 mostraron un ascenso en valor dun 2,54% alcanzando os 60.594.125 €, resultando un prezo medio exworks de 7,78 € o litro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estados Unidos segue ocupando a primeira posición en valor, seguido de Reino Unido, Porto Rico, Irlanda, México, Suecia, Países Baixos (Holanda), República Dominicana, Alemaña e Canadá. Os dez primeiros destinos representan case o 80% do valor das vendas internacionais. O continente americano é o que máis viño desta denominación de orixe galega importa.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada