Leite

As explotacións en Control Leiteiro aumentan a produción en xaneiro máis do 2%

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/02/2016 11:19 p.m.

As explotacións galegas en Control Leiteiro, que agrupan arredor do 50% da produción láctea de Galicia, aumentaron a súa produción en máis do 2% durante o pasado mes de xaneiro. Son os datos que se desprenden da información achegada por Africor Coruña, que cifra o incremento provincial “en aproximadamente un 3%”, e por Africor Lugo, onde a suba foi dun 2,4% en relación ao mesmo mes do pasado ano. A excepción foi Pontevedra, onde segundo os datos aportados por Africor-Pontevedra en xaneiro a producción láctea baixou un 1,2% respecto ao mesmo mes de 2015.

Desde Africor Coruña recoñecen que “o dato é contraproducente, sobre todo cando os gandeiros cobran os prezos mais baixos do leite, das últimas décadas”, no entorno dos 0,28 euros por litro.

En Africor Lugo, o seu director executivo, Ramiro Fouz, considera que se trata “dunha fuxida cara adiante”, provocada pola necesidade das propias explotacións de “facer caixa”, para facer fronte aos pagos pendentes e ás amortizacións dos investimentos realizados, segundo recolle José Luis Ramudo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con todo, para coñecer a cifra exacta de produción total en Galicia haberá que esperar aos datos publicados polo FEGA.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada