Leite

Arredor de medio cento de gandeiros reclámalle débedas a La Arzuana

O Sindicato Labrego mantén unha reunión coas explotacións afectadas polos impagos da cooperativa para asesoralas no proceso

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/03/2015 10:20 a.m.

O desplome de Alimentos Lácteos, o proxecto de transformación de leite na antiga planta de Pascual, en Outeiro de Rei (Lugo), levouse consigo a varias das cooperativas que participaban no proxecto, entre elas a La Arzuana, presidida por Eugenio Montero, tamén conselleiro en Alimentos Lácteos. Arredor de medio cento de explotacións de La Arzuana reclámanlle agora débedas por impagos á cooperativa no marco do concurso de acreedores da entidade.

O Sindicato Labrego mantivo esta semana unha reunión con gandeiros afectados polos impagos para asesoralos no proceso do concurso de acreedores de La Arzuana. O prazo para reclamarlle cantidades á cooperativa remataba onte. En total, o Sindicato Labrego estima que hai reclamacións presentadas dunhas 60 persoas, principalmente gandeiros e gandeiras da cooperativa ós que se lles deben entregas de leite, e de entidades como bancos, Seguridade Social ou Axencia Tributaria. As cifras que se lle solicitaban á cooperativa rondaban os 300.000 euros, se ben ese cálculo é anterior ó peche do prazo de reclamación, polo que podería incrementarse.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada