Desenvolvemento rural

Arranca a posta en produción con vacún en extensivo na aldea de Meixide, no concello da Veiga

13/05/2022 1:15 p.m.

A Xunta informa de que vén de arrancar a posta en produción na aldea modelo de Meixide, no concello ourensán da Veiga, cunha explotación de vacún en extensivo. Esta figura de posta en valor -contemplada na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia- abrangue neste caso unha superficie de 71,25 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se busca dinamizar, distribuídas en 646 parcelas de 151 propietarios.

A posta en produción que se vén de iniciar na aldea modelo de Meixide foi posible tras a resolución do pertinente procedemento de concorrencia competitiva para a selección da proposta de aproveitamento idónea para a zona. Este proceso arrancou tras a publicación da correspondente guía de ordenación produtiva, na que se delimitaban os usos máis acaídos para a explotación das parcelas incluídas na aldea modelo.

Así mesmo, acometéronse as obras e infraestruturas necesarias para a posta en produción, como peches perimetrais, pastores eléctricos, refuxios para o gando, comedeiros, bebedoiros, e o acondicionamento de camiños. Tamén se levaron a cabo os traballos de limpeza nos predios que asumiron o compromiso de adhesión ao Banco de Terras de Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada