Leite

Arranca o grupo de traballo do sector lácteo comprometido pola Xunta

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/06/2015 9:50 a.m.

O grupo de traballo do sector lácteo que se comprometera a constituir recentemente a Consellería de Medio Rural arrancou o seu traballo nunha reunión na que participaron representantes da Administración, das organizacións agrarias e das cooperativas. O obxectivo do grupo céntrase en abordar as incidencias que se están detectando nas últimas semanas no campo en canto a dificultades na recollida do leite e a prezos anormalmente baixos.

A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, destacou o clima cordial do encontro e a disposición de todos os presentes á busca de solucións ós problemas do sector. Ulloa incidiu tamén en que a Administración autonómica estuda todas as denuncias presentadas e en que está pendente o impulso a órganos de arbitraxe que medien entre produtores e industrias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada