Carne

Arranca a IXP Vaca e Boi de Galicia

As explotacións gandeiras xa poden inscribirse no novo selo. Créase o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia, que tamén xestiona a IXP Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/07/2017 12:56 p.m.

Desde hoxe, as explotacións de vacún de Galicia xa poden inscribir animais na nova Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Vaca e Boi de Galicia, logo de que lle fose concedida a protección nacional transitoria. Será preciso un acabado mínimo de 6 meses antes de que as vacas e bois inscritos sexan sacrificados, polo que a primeira carne da IXP entrará no mercado a comezos do 2018.

O novo selo ampara ás vacas sacrificadas en Galicia que tiveran alomenos un parto e ós bois de alomenos 48 meses e que foran castrados antes do ano de vida. O selo inclúe ás principais razas de gando vacún existentes en Galicia: rubia galega, morenas galegas, asturiana dos vales, limusina, rubia de Aquitania, pardo alpina e frisona. Para que sexan recoñecidos na IXP, os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia.

A nova IXP busca rematar co fraude que se dá no mercado co uso de termos como vaca galega ou boi galego

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outro requisito radica na conformación da canal e no grao de engraxamento que deben presentar as reses, pois búscase a obtención de carne de calidade, que recibira un acabado axeitado. En vaca, esíxese unha conformación E, U, R ou O (excepto O-), cun grao de engraxamento mínimo de 3 (nunha escala do 1 ó 5); en tanto en Boi pídese unha conformación de E, U ou R e un engraxamento mínimo de 4.

O regulamento completo da nova indicación publicouse onte no Diario Oficial de Galicia. A IXP Vaca e Boi de Galicia estará xestionada polo Consello Regulador das IXPs de Carnes de Vacún de Galicia, que tamén pasa a asumir a coordinación de Ternera Gallega. Preside ese Consello Jesús González, que va xiña presidindo ata agora a IXP Ternera Gallega.

Perspectivas
As perspectivas da nova IXP apuntan a que a medio prazo haberá unhas 10.000 explotacións inscritas, cun sacrificio anual duns 30.000 animais ó ano. Do interés que suscita no sector dá conta a amplia asistencia, superior ás 300 persoas, que obtivo onte unha xornada técnica sobre a IXP organizada en Lugo. Asistiron principalmente ó encontro gandeiros e tamén industriais e distribución comercial.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Un dos obxectivos da nova IXP pasa por rematar co uso fraudulento de termos como carne galega, vaca galega ou boi galego, entre outros. A partir de agora, existirá un selo que certifica a procedencia e calidade da carne de vaca e boi de Galicia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada