Agricultura

Arranca Alimagro 2021, II Feira do Agro da Limia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/09/2021 1:23 p.m.

Dende este venres e ata o domingo, 5 de setembro, celébrase en Xinzo de Limia, principal comarca produtora de pataca e cereal en Galicia, a Feira da Pataca e da Maquinaria Agrícola, Alimagro, que este ano chega a súa segunda edición.

Organizada polo concello de Xinzo, a feira terá lugar no pavillón municipal e nos seus exteriores. Habilitarase non só a explanada da instalación deportiva, senón tamén a rúa 2 de maio dende a rotonda ata a ponte sobre o Limia e a explanada do Toural. No interior do pavillón instalarase todo o relativo á pataca, da man de produtores, asociacións ou almacenistas, entre outros profesionais relacionados co sector. Nos exteriores copará toda a atención a maquinaria agrícola. Serán máis de trinta expositores.

As degustacións serán, nunca mellor dito, un dos pratos fortes do programa durante os tres días da feira. O domingo, un chef porá en valor o produto estrela de Limia. Incluso está previsto que un carro de vacas percorra o recinto feiral para recordar a relevancia desta actividade da que viven moitas familias do municipio dende hai décadas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, que ten na produción de pataca a súa principal actividade, asegurou que esta será unha moi boa colleita e insistiu na necesidade de que haxa unha maior transformación da pataca no concello: “É o que lle falta a un sector que xera moita riqueza. Así se crearían moitos postos de traballo”. Tamén recalcou a importancia da feira para “mostrar que nesta comarca hai unha pataca de excelente calidade e temos que seguir promocionado o produto para que chegue a todos os recunchos do país”.

[caption id="attachment_151382" align="aligncenter" width="660"] O concelleiro de Medio Rural de Xinzo da Limia, Amador Díaz, primeiro pola direita, na presentación de Alimagro[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada