Viña

Areeiro recomenda tratar as variedades máis sensibles contra botrite antes de que o acio se peche

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/07/2021 1:24 p.m.

O último aviso fitosanitario emitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, incide na importancia de realizar labores culturais de aireación dos acios incluíndo as esfollas, aínda que estas tampouco deberan ser excesivas. Estas accións poden reducir os danos por mildio, sobre todo naqueles días con maior humidade.

A maior parte dos acios atópanse xa no peche, con todo, dende Areeiro recomendan seguir realizando revisións das viñas xa que o midio aínda pode seguir afectándolle á uva. Recordan a importancia de levar a cabo unha correcta aplicación dos tratamentos para lograr unha protección axeitada fronte a este patóxeno.

“Se cabe máis nestes momentos en que se aplican funxicidas cúpricos, con ou sen unha materia activa penetrante acompañante, as posibles aplicacións que se realicen deben estar ben feitas, a unha velocidade e cun equipo ben regulado para que toda a viña quede protexida”, especifican.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Dende Areeiro tamén recordan que, no peche do acio, o oídio tamén pode afectar á uva e causar danos. Aínda que polo momento tampouco detectaron danos importantes, as condicións meteorolóxicas están a ser favorables a esta enfermidade, co que recomendan manter unha vixilancia activa dos viñedos.

Nas últimas revisións en campo, os técnicos detectaron máis viñas con roturas fisiolóxicas de uva ou danos mecánicos por rozas, o que pode favorecer a expansión da botrite, posto que as feridas son unha porta de entrada para este patóxeno. “Nas variedades máis sensibles, como por exemplo Godello ou Treixadura, cun historial con problemas por este patóxeno, pode ser conveniente aplicar un tratamento antes de que o acio peche completamente e se volva compacto”, detallan.

Maceiras

As condicións de elevada humidade dos últimos días provocaron que tamén aparezan novas manchas de moteado en froiteiras como as maceiras. Por este motivo, dende Areeiro ven necesario aplicar un tratamento, pero aconsellan empregar produtos cun baixo prazo de seguridade naquelas variedades que estean máis próximas á colleita.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada