Leite

Arde o almacén de pensos de CLUN en Mazaricos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/03/2024 10:26 a.m.

Un incendio afectou esta noite á nave que a cooperativa CLUN ten na localidade da Picota, no concello coruñés de Mazaricos.

O lume iniciouse pasadas as once da noite e afectou ao almacén de pensos e de produtos agrícolas.
O incendio foi extinguido pasadas as 3.30 horas da madrugada polos bombeiros do GES de Muros e de Santa Comba, uns traballos nos que tamén participaron un palista do Concello, unha motobomba forestal e a Garda Civil.

As lapas afectaron á mercadoría que se almacenaba na nave e tamén á estrutura do edificio pero non ao supermercado anexo, da marca Mercarural, grazas á rápida intervención dos equipos de bombeiros tras ser avisados polo persoal dun tanatorio próximo. Afortunadamente non hai que lamenar danos persoais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Valoración de CLUN

Dende Cooperativas Lácteas Unidas informan de que "neste momento estanse avaliando os danos materiais e investigando as causas do lume. Por estas razón a tenda da Picota permanecerá pechada, confiando en poder retomar o servizo da tenda o antes posible".

En todo caso, precisan que "coa excepción desta tenda, os demais servizos da cooperativa manteñen a súa actividade normal en todas as outras fábricas, tendas e sedes. Deste xeito a recollida de leite, os servizos veterinarios, servizo de penso e a produción de produtos lácteos están perfectamente garantidos".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, dende CLUN  agradecen "todas as mostras de apoio e cariño que nos están chegando dende empresas, do ámbito cooperativo, veciños... e, especialmente, á Xunta de Galicia e ao Concello e Mazaricos pola súa colaboración dende o primeiro momento".

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada