Carne

Aprobada a extensión de norma para a Inlac e para ovino, caprino e porcino

O Consello Xeral de Organizacións Interprofesionais Agroalimentarias informa favorablemente as solicitudes de extensión de norma de Inlac, Interovic e Interporc

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/10/2015 9:52 a.m.

O Consello Xeral de Organizacións Interprofesionais Agroalimentarias (OIAs) aprobou o pasado venres a solicitude de extensión de norma da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), a Interprofesional do Ovino e Caprino de Carne (INTEROVIC), e a Interprofesional do Porcino de Capa Branca (INTERPORC).

No caso de Inlac, a nova Extensión de Norma contempla unha achega de 0,15 euros por cada 1.000 litros de leite, que se distribúe de maneira paritaria entre a cota de produción e a de elaboración. Aplicarase a todo o leite de vaca, ovella e cabra que se entregue dentro do territorio español para as dúas primeiras campañas (15 setembro 2015 - 31 decembro 2017), e aumentará a 0,18 euros na terceira (1 xaneiro - 31 de decembro de 2018). A distribución do orzamento destinarase a facer fronte a catro liñas de actuación recollidas no Plan Estratéxico de InLac: Promoción e Comunicación, Información e Transparencia, Estabilidade sectorial e o fomento do I+D+i.

 Na INLAC contémplase unha achega de 0,15 euros por cada 1.000 litros de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na apartado Promoción e Comunicación InLac prevé poñer en marcha campañas de comunicación e promoción dos produtos lácteos de orixe nacional,  destacando os seus valores nutricionais e valorizando tanto os produtos como o sector e os seus operadores. Ademais, traballarase pola sustentabilidade do sector lácteo desde un punto de vista económico, social e ambiental.

Extensión de norma a ovino, caprino e porcino

O Consello tamén informou favorablemente a solicitude de extensión de norma e achega económica obrigatoria, solicitada pola, a Organización Interprofesional do Ovino e Caprino de Carne, INTEROVIC. Neste caso os obxectivos da mesma son a realización de accións para promover a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica no ovino e o caprino, así como desenvolver accións promocionais e mellorar a información e o coñecemento sobre as producións e os mercados do ovino e o caprino.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A extensión de norma tamén servirá para  deseñar e levar a cabo a formación necesaria para mellorar a cualificación profesional do sector e a incorporación de mozos cualificados da rama da transformación-comercialización. Neste caso a duración será a máxima que permite a Lei, é dicir de cinco campañas.

Igualmente votouse de forma favorable e por unanimidade a proposta de extensión de norma de INTERPORC. O seu obxectivo é realizar actividades de promoción do consumo e a demanda de carne de porcino; de apoio á internacionalización; de optimización do coñecemento e da transparencia informativa do sector porcino de capa branca; e de potenciación da calidade e da innovación tecnolóxica no sector porcino de capa branca española, durante as campañas: 2015-2016, 2016-2017, 2017-2018 e 2018-2019.

A Interprofesional Láctea, INLAC, foi recoñecida no ano 2.000 e desde entón, esta é a segunda vez que esta Organización estende norma ao conxunto do sector. Tamén é a segunda vez que, INTEROVIC, recoñecida en 2001, e INTERPORC,  recoñecida en 2008, estenden Norma ao conxunto do sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada