Leite

Aprende a ler e interpretar artigos científicos sobre gando vacún

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/04/2021 1:14 p.m.

Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (ANEMBE)  organiza para o vindeiro mércores, 28 de abril, un webinar sobre “Cómo ler e interpretar artigos de investigación científica”.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Aurora Villaroel, veterinaria especializada en epidemioloxía, formada en Estados Unidos, onde desenvolve a súa carreira profesional como consultora experta en vacún de leite.

O seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior. Nesta presentación explicarase a estrutura dunha publicación científica, e que conclusións se poden tomar con obxectividade dun artigo baseándonos no tipo de deseño de estudo, os datos recolleitos e as análises estatísticas que se fixeron. E é que non sempre fai falta estar de acordo coas conclusións dos autores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada