Viña

Apoio da Xunta para garantir a viabilidade da cooperativa San Roque de Beade, no Ribeiro

XesGalicia concederá un préstamo participativo á entidade, que se usará en parte para pagar as uvas aportadas polos cooperativistas nas dúas últimas colleitas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/09/2022 11:19 a.m.

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou esta fin de semana a adega cooperativa San Roque de Beade (Ourense), adscrita á denominación de orixe Ribeiro. Alí, confirmoulle ós cooperativistas a colaboración financeira por parte da Xunta -a través da sociedade mercantil pública Xesgalicia- a esta entidade vitivinícola, para facilitar a súa viabilidade e mellorar a súa competitividade.

González puxo en valor esta colaboración público-privada e agradeceu especialmente aos cooperativistas o seu compromiso e o seu apoio a unha operación que -dixo- vai garantir o futuro da actividade da cooperativa.

Así, Xesgalicia -adscrita á Consellería de Economía- apoiará mediante un préstamo participativo a esta adega cooperativa. Parte deste préstamo utilizarase para pagar as uvas aportadas polos cooperativistas nas dúas últimas colleitas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O conselleiro do Medio Rural destacou a importancia desta operación financeira para impulsar a denominación de orixe Ribeiro en xeral e o futuro da cooperativa en particular, tendo en conta que esta adega ten unha capacidade instalada suficiente como para procesar arredor de dous millóns de litros de viño.

A sociedade San Roque de Beade agrupa actualmente máis de 50 cooperativistas, aos que o titular de Medio Rural agradeceu o seu compromiso e esforzo a prol da mellora da competitividade deste proxecto, que estaba a atravesar por dificultades económicas e que, en virtude desta operación financeira, vai afrontar o seu futuro como unha iniciativa sólida, segundo valora Medio Rural.

[caption id="attachment_180093" align="aligncenter" width="660"] Imaxe de grupo da reunión da fin de semana.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada