Agroalimentación

Ana Méndez nomeada nova xerente de Galicia Calidade

Mantivo un primeiro encontro co conselleiro de Economía, Francisco Conde, para abordar os retos da marca, que certifica a 140 empresas galegas

Campo Galego 15/12/2021 1:54 p.m.

A ourensana Ana Méndez acaba de ser nomeada nova xerente de Galicia Calidade. Ata o momento, Méndez era directora de exportación do Grupo Reboreda Morgadío, e conta cunha ampla experiencia no sector agroalimentario, un dos de máis relevancia dentro do selo de garantía.

Este martes, Méndez mantivo un encontro co vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, para abordar os retos ós que se enfronta a marca de garantía dependente da Xunta, que na actualidade certifica produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas.

Galicia Calidade leva máis de 25 anos distinguindo produtos e servizos galegos para impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais.

Etiquetado
Ir a la portada